01/01/2009
Os días 2, 3 e 4 de xuño de 1978 tivo lugar o congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.
Moito antes, Comisións Obreiras nacera como movemento sociopolítico, defensor dos intereses dos traballadores e traballadoras, da loita polas liberdades e contra a ditadura, cunha actividade intensa e arriscada nos centros de traballo.
O 10 de Marzo de 1972, dous militantes de CCOO traballadores da empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, foron asasinados pola policía da ditadura franquista cando se manifestaban polos seus dereitos. Este feito levounos a acordar, naquel Primeiro Congreso, que o 10 de Marzo fose o Día da Clase Obreira Galega, data aceptada posteriormente por outras organizacións e entidades, mesmo polo Parlamento galego no ano 2006.
Polo tanto, xa na época do franquismo andabamos na loita polos dereitos dos traballadores e polas liberdades.
En 1978 coidamos necesario constituírmonos como Sindicato Nacional de CCOO Galicia para seguir defendendo os intereses nacionais e de clase.
Estamos e seguiremos estando á beira dos traballadores, defendendo os seus dereitos, as súas liberdades, o cumprimento das leis e a superación das desigualdades.
Os retos que temos na actualidade son grandes, a actual crise económica non pode facer retroceder nos dereitos; pola contra, temos que consolidalos e amplialos no mundo desenvolvido e contribuír a conquistalos en países onde carecen totalmente deles e onde ser sindicalista pode supoñer a cadea ou a morte.
Nas vosas mans tedes un pequeno facsímile do máis salientable que aconteceu nese congreso fundacional do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Lembramos, coa celebración deste 30 aniversario, a nosa historia, que foi conflitiva e dolorosa, pero tamén honrosa e satisfactoria.
01 – Relación de delegados e composición das comisións
02 – Datos de afiliación
03 – Programa de traballo
04 – Estatutos aprobados no I Congreso
05 – Propostas delegacións – Membros– Listas
06 – Resultado das votacións das emendas aos estatutos
07 – Anteproxecto de Estatutos de SNCCOO de Galicia
08 – Folleto anteproxecto de programa mínimo do SNCCOO de Galicia
09 – Relatorio para o congreso das CCOO de Galicia sobre a problemática da muller
10 – Folleto anteproxecto de programa do SNCCOO de Galicia – Marzo 1978
11 – I Congreso do SNCCOO de Galicia – Informe do secretariado saínte – Xuño 1978
12 – Recorte de prensa sobre I Congreso do SNCCOO de Galicia
12 – Recorte de prensa sobre I Congreso do SNCCOO de Galicia
13 – Actas da votación para elección de C.E. do SNCCOO de Galicia – 8 Xuño 1978
14 – Proposta ao congreso da delegación de Pontecedra sobre Ascón
15 – Cartolinas de voto
16 – Carta asinada por Waldino Varela Martínez
17 – Resultado votación relatorio de finanzas
18 – Carta de Gianni Donnini
19 – Informe de finanzas
20 – Telegramas
21 – Resultado votación relatorio programa e acción sindical
22 – Carta de Valentín Paz Andrade
23 – I Congreso de Comercio
24 – Acta notarial
25 – Resultado votación das emendas de organización
26 – Actas manuscritas do congreso
27 – Acta do I Congreso
28 – Varios
29 – Delegados
30 – Delegación de comisións mariñeiras
31 – Relación de delegados por Ourense
32 – Relación de delegados pola provincia de Pontevedra (I Congreso)- 30 Maio 1978
33 – Reconto de votos
- Documento 1
- Documento 2
- Documento 3
- Documento 4
- Documento 5
- Documento 6
- Documento 7
- Documento 8
- Documento 9
- Documento 10
- Documento 11
- Documento 12
- Documento 13
- Documento 14
- Documento 15
- Documento 16
- Documento 17
- Documento 18
- Documento 19
- Documento 20
- Documento 21
- Documento 22
- Documento 23
- Documento 24
- Documento 25
- Documento 26
- Documento 27
- Documento 28
- Documento 29
- Documento 30
- Documento 31
34 – I Congreso da Federación de Ensino de Galicia
- Normas de funcionamiento do consello xeral – 3/4 de Xuño
- Recortes de prensa I Congreso Federación de Ensino de Galicia
- Membros do secretariado CCOO Vigo
- I Congreso nacional de CCOO Galicia – Resolucións e notas de prensa
- Acta do I Congreso nacional de CCOO de ensino Galicia