• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
f10m

f10m

Fundación 10 de marzo. Comisións Obreiras

  • Inicio
  • Fundación
    • Presentación da fundación
    • Padroado
    • Entidades colaboradoras
    • Rede de Arquivos Históricos de CCOO
    • Ligazóns
  • Área histórica
    • Biblioteca
    • Hemeroteca
    • Arquivo histórico
    • Exposicións
    • Publicacións
  • Área socioeconómica
    • Cadernos de socioeconomía
    • Xornadas
    • Outros estudos
    • Debates
  • Actualidade
  • Contacto

Hemeroteca

A Fundación 10 de Marzo dispón dunha hemeroteca que xa conta con máis de mil setecentas cabeceiras de prensa; delas, aproximadamente seiscentas son do período da clandestinidade e unhas setenta son publicacións abertas.

A hemeroteca nútrese de achegas procedentes da adquisición directa da Fundación, de doazóns particulares de colaboradores e do intercambio de fondos con outras institucións, arquivos e revistas.

Atesoura unhas setenta publicacións abertas. Trátase de revistas e periódicos editados polas distintas estruturas do Sindicato de CCOO —tanto da Confederación como do Sindicato Nacional de Galicia—, doutras organizacións sindicais, de institucións públicas, de historia e ciencias sociais, etc.

Para dar a coñecer os fondos da Hemeroteca, a Fundación 10 de Marzo dotouse dunha exposición itinerante sobre Prensa Clandestina no Franquismo, que vai acompañada dun catálogo. Tamén temos dispoñible o inventario do fondo de dita prensa clandestina: “Prensa Clandestina no franquismo”.

  • Nova Galicia. Revista de Cultura e Política. En outubro de 1966 aparece o primeiro número, editado polo Partido Comunista de Galicia.Os contidos dos 30 números aparecidos entre 1966 e 1975 foron moitos e variados pero responderon sempre ó subtítulo de Revista de Cultura e Política: manifestos, cartas abertas, recensións de libros, poemas…

Dende o punto de vista político, Nova Galicia é unha fonte documental imprescindible para coñecer a historia do Partido Comunista de Galicia, de Comisións Obreiras, das Comisións Campesiñas ou das plataformas unitarias antifranquistas dos anos finais da dictadura, como as Xuntas Democráticas. Son moi abundantes os documentos programáticos, os chamamentos ou as crónicas desenvolvidas por esas forzas.Dende o punto de vista cultural, en Nova Galicia podemos atopar dende poesías de Curros Enríquez ata crónicas do Día das Letras Galegas; dende colección do poemas do Che ata poesías de Celso Emilio Ferreiro. Son tamén relativamente abundantes as recensións de libros e noticias bibliográficas, as referencias aos concertos do movemento da Nova Canción Galega, etc. Por outra banda, en moitos volúmenes atopámonos ilustracións, sempre en branco e negro, de autores como Isaac Díaz Pardo,  Carlos Maside, Conde Corbal, Mercedes Ruibal ou Castelao.

Temos os seguintes exemplares neste enlace “Nova Galicia. Revista de Cultura e Política”.

  • Ediciones del 5º Regimiento

O 5º Regimiento de Milicias Populares foi unha unidade militar creada polo Partido Comunista a raíz do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi o xermolo do novo Exército Popular da República.

Concebido como un destacamento militar de novo tipo, realizou un intenso labor de axitación, propaganda e difusión cultural a través de medios como a publicación de xornais e folletos dentro das Ediciones del 5º Regimiento. Foron tantos os publicados que se chegou a falar de “guerra de papel”.

Enrique Líster foi un dos comandantes do 5º Regimiento. En 2007, o seu fillo Enrique Líster López cedeu á Fundación 10 de Marzo unha colección de materiais da época da Guerra Civil. Entre eses materiais están seis folletos das Ediciones del 5º Regimiento, que non se atopan con facilidade nos arquivos e nas bibliotecas: Por unha milicia popular, Hacia el Ejército Popular, 1ª de Acero, Cazadores de tanques, Agitación entre el enemigo e Contra la provocación y el espionaje.

Auténticas xoias da Fundación 10 de Marzo.

Footer

CONTACTO

Enderezo: Vía Edison, 1C. Polígono do Tambre 15890 (Santiago)

Email: f10m.sn@galicia.ccoo.es

Teléfono: 981 574 082

PRIVACIDADE

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

CATEGORÍAS

  • Arquivo
  • Debates
  • Exposicións
  • Outras
  • Publicacións
  • Uncategorized

Copyright © 2022 · Fundación 10 de Marzo · Diseñado por Comunicame Servicios Tecnológicos

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Utilizamos cookies técnicas para el correcto funcionamiento de la página. No usamos cookies que recojan datos personales.
Puedes informarte más sobre qué cookies estamos utilizando o desactivarlas en los AJUSTES.

Resumen de privacidad
f10m

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra Política de Cookies