Exposicións
Para facer realidade as súas funcións, a Fundación 10 de Marzo vén producindo, dende hai xa varios anos, exposicións de contidos históricos e culturais de relevancia.
Co obxectivo de espallalas, estas mostras teñen un carácter itinerante, polo que están deseñadas para facilitar o seu transporte e instalación en todo tipo de institucións interesadas nelas: centros de ensino, aulas de cultura, salas de exposicións, etc.
Exposicións dispoñibles actualmente
- Vivir da terra. A loita do campesiñado galego (1925-1975)
- Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961 – 1975)
- Exposición Conmemorativa dos 50 anos do Galo
- A Transición
- As mulleres tamén emigran
- Do “Gaudeamus igitur” ao “Venceremos nós”
- Vida cotiá no primeiro franquismo
- Vida cotiá no segundo franquismo
- España Século XX: Escenas do Traballo
- Imaxe Gráfica da Segunda República
- 1936: Seoane e os poetas fronte á sublevación
- O Ensino na II República (1931-1936)
Procedemento para solicitar as exposicións
O custo do aluguer de calquera das exposición é de 121,00 euros (portes e seguro). No caso de estar interesado/a nalgunha delas, remita a solicitude ao enderezo da Fundación 10 de Marzo (Vía Edison nº 1 C; Polígono do Tambre; 15890 Santiago de Compostela; Tel.: 981574082. Correo electrónico: f10m.sn@galicia.ccoo.es), indicando os seguintes datos:
- Exposición solicitada
- Datas
- Centro que a solicita (nome e enderezo)
- Número de identificación fiscal
- Teléfono e correo electrónico
- Fax
- Persoa de contacto
Cuestionario de valoración das exposicións