• Skip to primary navigation
  • Skip to main content
  • Skip to footer
f10m

f10m

Fundación 10 de marzo. Comisións Obreiras

  • Inicio
  • Fundación
    • Presentación da fundación
    • Padroado
    • Entidades colaboradoras
    • Rede de Arquivos Históricos de CCOO
    • Ligazóns
  • Área histórica
    • Biblioteca
    • Hemeroteca
    • Arquivo histórico
    • Exposicións
    • Publicacións
  • Área socioeconómica
    • Cadernos de socioeconomía
    • Xornadas
    • Outros estudos
    • Debates
  • Actualidade
  • Contacto

Presentación da fundación

O 10 de Marzo de 1972, dous traballadores da Empresa Nacional Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, que se manifestaban polos seus dereitos, foron asasinados pola policía da ditadura franquista. Esa data, marcada como o Día da Clase Obreira Galega, é conmemorada anualmente polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia cun acto de homenaxe a todas as persoas destacadas pola súa loita na defensa dos traballadores.

A importancia desta conmemoración fixo que o Parlamento galego, a instancias do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, aprobara por unanimidade o 5 de marzo de 1997 unha declaración institucional sobre o 10 de Marzo na que se recoñecía o significado histórico desta data.

Consciente dese significado, o 25 de xuño de 1991, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia promoveu en Santiago de Compostela, ao abeiro da Lei de fundacións de interese galego, a creación da FUNDACIÓN 10 DE MARZO. Segundo os seus ESTATUTOS, é unha institución de carácter cultural que ten os seguintes obxectivos:

  • Organizar o Arquivo de Historia Sindical de Galicia.
  • Constituír un fondo bibliográfico e hemerográfico centrado nos diversos aspectos do mundo do traballo.
  • Promover o estudo e a investigación da historia do sindicalismo.
  • Contribuír á recuperación da memoria histórica contemporánea de Galicia.
  • Crear un centro de documentación e estudo sobre estes temas para facilitar o traballo dos especialistas.
  • Elaborar e subministrar información sobre calquera tema de interese para a clase traballadora.
  • Fomentar o coñecemento e a difusión da cultura sindical.
  • Fomentar o estudo e investigación no ámbito das ciencias sociais.
  • Participar, en colaboración con outras institucións científicas, académicas ou administrativas, na organización de actividades encamiñadas aos fins anteriores.

Footer

CONTACTO

Enderezo: Vía Edison, 1C. Polígono do Tambre 15890 (Santiago)

Email: f10m.sn@galicia.ccoo.es

Teléfono: 981 574 082

PRIVACIDADE

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

CATEGORÍAS

  • Arquivo
  • Debates
  • Exposicións
  • Outras
  • Publicacións
  • Uncategorized

Copyright © 2023 · Fundación 10 de Marzo · Diseñado por Comunicame Servicios Tecnológicos

  • Aviso legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies

Utilizamos cookies técnicas para el correcto funcionamiento de la página. No usamos cookies que recojan datos personales.
Puedes informarte más sobre qué cookies estamos utilizando o desactivarlas en los AJUSTES.

Resumen de privacidad
f10m

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Política de cookies

Más información sobre nuestra Política de Cookies