En 1997, a Fundación 10 de Marzo, en colaboración coa Comisión homenaxe a Santiago Álvarez, o concellos de Santiago de Compostela e maila Universidade de Santiago, realizaron unha homenaxe ó histórico líder comunista valdeorrés. Dentro dos actos, produciuse a mostra Santiago Álvarez: unha vida de loita, inaugurada no Pazo de Fonseca en febreiro de 1997 e que visitou, posteriormente, outras cidades galegas (Ferrol, Ourense; etc.), españolas (Madrid) e mesmo europeas (Luxemburgo).
Existe un catálogo da mostra.
Esta exposición non está xa en uso.