A exposición itinerante Xaime Quessada: Arte e compromiso comezou a súa andaina en 1997 en Santiago de Compostela. As 150 obras expostas fixeron necesaria a utilización de tres prestixiosos locais da cidade: a Igrexa da Universidade, o Museo do Pobo Galego e mailo Pazo de Fonseca. Dende entón, Xaime Quessada: Arte e compromiso visitou a cidade da Coruña (1998), Gijón (1998) e Barcelona (2000).
A mostra recolle obras procedentes de coleccións públicas e privadas, entre as que destacan, por exemplo, O dictador, O perro azul, a Serie negra, O Carnaval, etc.
Existe un catálogo e mais unha unidade didáctica sobre a exposición.