01/01/2009
EMOTIVO E ABARROTADO HOMENAXE A XOSÉ MANUEL IGLESIAS EN FERROL
errol, 28 de maio do 2010.- O Sindicato Nacional e a Unión Comarcal de Ferrol rendiron onte a tardiña en Ferrol un emotivo e intenso homenaxe o compañeiro Xosé Manuel Iglesias, (Mugardos, 1944-2008) con motivo da presentación do libro que a Fundación 10 de Marzo ven de editar centrado na súa figura para recuperar os pasaxes da vida e da memoria deste sindicalista histórico, loitador incansable, inconformista e combativo que foi outra víctima da lacra do amianto que azota don dureza a ría ferrolá.
Preto de 300 compañeiros abarrotaron o salón de actos da Fundación Caixa Galicia de Ferrol, que mesmo se quedou pequena para acoller a decenas de veciños de Mugardos que se quixeron sumar a lembranza que CCOO fixolle a Iglesias, un dos seus paisanos máis ilustres. Mitad político, mitad sindicalista, foi, sobre todo, un home íntegro e comprometido cos valores da liberdade, xustiza e igualdade,
Fillo, sobriño e irmá de comunistas, Iglesias adoitaba dicir que fora fichado nada máis nacer. Con dez anos quedou só na casa mentre detiñan a súa nai e irmáns, e un Garda Civil acompañabao a escola xa de moi cativo, o que da unha mostra da presión a que vivía sometido polo peso opresor dunha dictadura que tiña a familia Iglesias no seu punto de mira. Con todo, Iglesias superou dificultades e entrou como aprendiz en Bazán e foi un dos “arquitectos” das primeiras Comisións Obreiras na clandestinidade en Galicia e tamén o adalid do Partido Comunista galego (PCG). Foi, tamén, a inspiración e o exemplo para moitos compañeiros e traballadores.
No acto, conducido pola responsable da Muller da Unión Comarcal de Ferrol, Auri Vázquez, participaron o secretario xeral do Sindicato Nacional, Xosé Manuel Sánchez Aguión e Rodolfo Benito, do Sindicato Confederal e compañeiro de batallas de Iglesias na antiga Federación do Metal. Antonio Blanco, o home que recolleu as súas memorias nos últimos anos, e Pilar Díaz, concelleira de EU-IU en Mugardos, e compañeira de militancia política de Iglesias, tamén subiron onte ó estrado para recuperar anécdotas e achegar as pinceladas dun home que estará sempre na lembraza de CCOO. “Esta é unha homenaxe moi especial a unha persona fundamental na conquista das liberdades e no anclaxe da loita pola democracia”.
A homenaxe a Iglesias en Ferrol intercalou a música folk do cuarteto galego “Os Estrobos”, cos discursos e a proxección dun emotivo vídeo con fotos e documentos que reflexaban a azarosa vida de Iglesias a través das súas propias palabras, recollidas nunha serie de entrevistas realizadas nos últimos anos por Ton Blanco. Estas verbas serviron como materia prima para artellar o libro que a Fundación 10 de Marzo, ven de editar, coa coidadísima e detallada edición do propio Ton Blanco, e do director da Fundación, Víctor Santidrián.
O acto prolongouse durante case noventa minutos entre fortes aplausos a súa familia, a muller Teresa, e os fillos Iván e Santiago, que mesmo recuperou un poema na memoria do seu pai que arrincou alguna bágoa entre os presentes.
Este libro non é un ensaio biográfico, porque non é o estudo histórico dun personaxe. Trátase de facer pública a memoria de Xosé Manuel Iglesias. Recolle a súa palabra a partir de varias entrevistas realizadas dentro do programa de recollida de testemuños orais de xentes relacionadas con mundo obreiro de Ferrol, programa da Unión Comarcal de CCOO e da Fundación 10 de Marzo. Engadíronse notas para lle facilitar ao lector as coordenadas históricas, necesarias para entender o discurso do protagonista e recolle unha ampla documentación textual e fotográfica, que procede do Arquivo Militar de Ferrol e do arquivo personal de Xosé Manuel Iglesias —cedido pola familia e depositado na Fundación 10 de Marzo.
Por último, onte disculpose a ausencia de Ignacio Fernández Toxo, xa que aínda que o seu desexo era asistir, non foi posible polas exixencias sindical que o retiveron en Madrid. Asimismo, o alcalde de Ferrol e o resto da corporación ferrolá (PP, BNG, Independientes por Ferrol e Esqueda Unida) disculparon a sua ausencia no acto pola coincidencia cun pleno ordinario na mesma hora no concello.
Lorena Bustabad