01/01/2009
É nas transicións políticas cando os arquivos cobran un protagonismo superior en relación coa defensa dos dereitos humanos, porque están intimamente ligados coas políticas de xestión do pasado traumático que han de afrontar os novos réximes democráticos. En consonancia cos procesos de xustiza transicional, ás fontes arquivísticas directas sobre violacións de dereitos humanos débeselles outorgar un tratamento arquivístico transicional especial, que garanta de forma inmediata a súa posta ao servizo das políticas de xestión do pasado que a sociedade elixa, mediante distintas formulas (integración en arquivos nacionais, creación de arquivos especiais ou centros de memoria), destinadas a unha finalidade común: xestionar os documentos para favorecer o coñecemento da verdade e a actuación da Xustiza.