08/11/2009
Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a enfrontarse ás consecuencias que implica o seu descubrimento. O Segredo da Frouxeira afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante máis de 70 anos. Este documental presenta un novo punto de vista sobre a Guerra Civil Española e as súas consecuencias ainda hoxe.