01/01/2009
A Fundación 10 de Marzo promoveu o 14 de abril de 2007 unha homenaxe a Anxo Guerreiro Carreiras. Resultado daquel acto foi a edición dun DVD que recollía as imaxes e as intervencións das persoas que tomaron a palabra no Teatro Principal de Santiago.
Para facer realidade o compromiso que adquiriu naquel acto, a Fundación 10 de Marzo, en colaboración coa Consellería de Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, ven de publicar un libro sobre a figura de Anxo Guerreiro. O volume inclúe, ademais dun importante aparato gráfico (documentos e fotografias, moitas delas cedidas por Xosé Abad), unha semblanza do homenaxeado, unha escolma das súas intervencións parlamentarias e cincoenta dos seus artigos recollidos de La Voz de Galicia.
O libro pode ser solicitado á Fundación 10 de Marzo.