01/01/2009
O terceiro volumen da colección Homenaxe está dedicado a Manuel Amor Deus. Ademais de recoller os discursos pronunciados no acto celebrado no Palacio de Exposicións de Santiago de Compostela en novembro de 2007, este libro inclúe unha ampla biografía do líder de Comisións Obreiras escrita por José Gómez Alén.