01/07/1999
Este volume recolle unha escolma dos traballos galardoados cos premios de investigación escolar da Fundación 10 de Marzo nas súas seis primeiras edicións.
O Premio de Investigación Escolar foi creado pola Fundación 10 de Marzo coa finalidade de fomentar entre os estudiantes dos diferentes niveis educativos o achegamento e mesmo o estudio do mundo do traballo nos seus distintos aspectos (condicións laborais, conflictividade e sindicalismo).
Os traballos aquí recollidos son unha representación significativa da tipoloxía xeral e abranguen os diferentes temas que configuran as directrices da convocatoria do premio. Así, encontramos investigacións acerca das condicións laborais, outros sobre conflictos concretos; a muller e o traballo industrial ou os oficios tradicionais. Igualmente, existe unha apreciable variedade con respecto ás fontes empregadas polos estudiantes: altérnanse as fontes documentais tradicionais e a bibliografía especializada coa utilización de fontes orais.
ÍNDICE
-Presentación
-Oficios tradicionais da comarca da Fonsagrada, IES A Fonsagrada (A Fonsagrada. Lugo)
-O traballo a través das xeracións, IES A Fonsagrada (A Fonsagrada. Lugo)
-O Barrio de Sar nos inicios do século, IES Sar (Santiago de Compostela)
-O mundo do traballo na Coruña de comezos do século XX, Ana Pose Romero (IES Monte das Moas. A Coruña)
-A Coruña e o movemento obreiro. A celebración do Primeiro de Maio: 1890-1909, IFP Diego Delgado Marañón (A Coruña)
–Unión Tabacalera versus Nueva Aurora. Un exemplo de confrontación sindical na Coruña (1917-1920), (IES Monte das Moas. A Coruña)
-A Mina de Varilongo. Historias dun enclave obreiro na Terra de Xallas, IES Santa Comba (Santa Comba. A Coruña)
-A Folga do Aceite, IB Concepción Arenal. Ferrol (A Coruña)
-Sucesos do 10 de marzo do 72 en Ferrol, Julio Assier Rodríguez Álvarez (IES Otero Pedrayo. Ourense)
-E foi aquel “día da clase obreira galega”, IFP de Caranza (Ferrol. A Coruña)