Fundación 10 de Marzo-Universidade de Santiago de Compostela, 1999
13/07/1999
Para os mozos e as mozas da miña promoción, que entramos na Universidade en 1967 e finalizámo-lo noso doutoramento contra 1976, en plena transición á democracia, houbo dúas publicacións periódicas de referencia, tanto no terreo político como no ideolóxico e cultural. Estoume referindo ó semanario Triunfo e a Cuadernos para el Diálogo, que ademais da súa aparición periódica regular como revista aportábanos outros materiais imprescindibles para satisfaceren o noso anceio de liberdade intelectual: a serie “Divulgación universitaria” e a colección “Los Suplementos”.
Precisamente no ano da morte de Franco aparecía o número 58 daqueles suplementos, adicado á figura de Daniel Rodríguez Castelao e compilado por Xesús Alonso Montero, mestre da palabra e do compromiso cívico, que se fixo cargo desta tarefa a raíz dunha mesa redonda sobre o escritor, artista e político galego realizada en Santiago de Compostela o ano anterior.
LIMIAR por Darío Villanueva
INDICE
- Limiar, por Darío Villanueva
- Por Fundación 10 de Marzo
- Castelao en Cuadernos para el Diálogo, por Pedro Altares
- Comentario a “Palabras previas”, por Xesús Alonso Montero
- Comentario a “Castelao y Galicia: 1916-1920”, por Xesús Alonso Montero
- Depois de medio século, por Alfonso Álvarez Gándara
- Como vía as cousas hai 25 anos e como as vexo hoxe, por Isaac Díaz Pardo
- Tempo de mestres, por Manuel Lourenzo