En colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
12/05/2007
A Guerra Civil tivo uns efectos demoledores na vida dos españois. Iniciouse unha ditadura de carácter persoal. Franco gobernou con man dura, reprimiu contundentemente calquera intento de restaurar o réxime democrático e nunca procurou a reconciliación cos derrotados. Un millón duascentas mil persoas sufriron directamente os efectos da guerra en forma de morte, represión, emigración ou presidio.
Os tres anos de conflito armado provocaron o afundimento económico nacional: débedas contraídas coas potencias colaboradoras, destrución de gran parte do parque de vivendas e obras públicas, colapso dos sectores primario e secundario, redución da poboación traballadora, todo o cal xerou un forte aumento dos desequilibrios sociais, que irán arrequecendo cos anos: racionamento de alimentos, contros de salarios…
Socialmente consolídase o poder das clases vencedoras no conflito. A oligarquía financieira e industrial, os terratenentes, o Exército, a Igrexa… exercerán o poder político e económico durante todo o período. A fin da guerra trouxo consigo a imposición da ideoloxía dos vencedores a través de diferentes medios que se complementaban entre si: a propaganda política, a actividade relixiosa, o control educativo e cultural e a instrucción militar.
O material que aquí presentamos, que acompaña a exposición Vida Cotiá no Primeiro Franquismo, achega ao profesorado unhas propostas didácticas que teñen como obxectivo facilitar o proceso de aprendizaxe deste período da historia.