Fundación 10 de Marzo, 2005, 202 pp.
01/05/2005
Catálogo da mostra producida pola Red de Archivos Históricos de CCOO coa colaboración de institucións académicas e políticas de diferentes comunidades autónomas. Moitos foron os pintores, escultores, fotógrafos e deseñadores gráficos que colaboraron coas diferentes organizacións políticas, sindicais ou culturais na loita polas liberdades. Esta mostra recolle unha escolma dos máis de 15.000 carteis que están asentados na Red de Archivos Históricos de CCOO. Esteticamente, a exposición é un percorrido pola historia da arte contemporánea, desde o campo da abstracción e o informalismo ata as diferentes correntes estéticas que conforman o mundo da figuración.