Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo-Concello de Lugo, 2005, 235 pp.
Recuperar a memoria histórica negada formúlanos unha esixencia ineludible: o estudo das figuras que comprometeron a súa vida na loita por unha sociedade máis xusta.
Rescatar a peripecia deses homes e mulleres, as súas luces e sombras no difícil contexto que lles tocou vivir, significa poñerlle rostro humano á nosa Historia recente.
Valéndose do rigor do historiador e do pulso do literato, o profesor Ángel Rodríguez Gallardo mergúllase na apaixoante vida da guerrilleira Enriqueta Otero Blanco: comunista, clandestina, represaliada e, por riba de todo, utópica. Unha muller que deixou a súa pegada no difícil camiño de España cara á democracia.