01/01/2009
A cuarta achega da colección Testemuñas da Fundación 10 de Marzo, ven de publicarse baixo o título O mundo de Angelita. Unha vida de loita con nome de muller. O libro, publicado en colaboración coa Deputación de A Coruña, é a edición, preparada polas profesoras Josefina Feal e Beatriz Varela, da historia de vida de Ángeles Fernández Dopico, mugardesa que traballou na Fábrica de Lápices de Ferrol, na Bazán e como ama de casa. O libro, redactado a partir de vinte horas de entrevistas, recolle a trayectoria vital de Angelita, dende as súas orixes familiares, ata os nosos días. Percorre episodios vividos por Ángeles Fernández durante a Guerra Civil e ditadura, as súas primeiras actividades laborais, o seu casamento co Francisco Fernández Filgueiras ─histórico líder comunista da Bazán─, a represión franquista, o exilio tralos sucesos do 10 de Marzo, etc.
O libro pode ser solicitado á Fundación 10 de Marzo.