O sábado, 4 de marzo, Comisións Obreiras e a súa Fundación entregan os Premios 10 de Marzo. Estes galardóns recoñecen traxectorias en defensa dos dereitos laborais e a loita polas liberdades de José Paraños Pardo, Elías Vila Calveira (in memóriam) e as Mulleres do 72.
Os premios 10 de Marzo 2023 entregaranse en Santiago de Compostela, ás 11:30 horas, no Hotel Oca Puerta del Camino.
Por acordo da Comisión Executiva Nacional, nesta edición serán homenaxeadas as seguintes persoas, atendendo as propostas achegadas dende o conxunto de organizacións que compoñemos o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia.
- José Paraños Pardo
- Elías Vila Calveira (in memóriam)
- Mulleres do 72